Saturday 11 de May de 2024

Sting ofrecerá o 14 de xullo un concerto no Coliseum dentro da súa xira mundial 2015


A Coruña acolle un dos eventos musicais máis importantes do próximo ano en Galicia e o único que o artista ofrecerá en solitario dentro da súa xira en España

O tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, e o director do Coliseum, Javier Rodríguez, anunciaron esta mañá o concerto que Sting ofrecerá no Coliseum dentro da súa xira mundial 2015. “É un pracer poder confirmar hoxe que unha das xiras máis importantes do próximo ano en Galicia será no Coliseum, onde fará escala e que, ademais, o fará dunha forma moi especial xa que é o único concerto que Sting realizará en solitario dentro da súa xira española de 2015 xa que as súas outras actuacións serán en festivais,” destacou a concelleira.
O concerto, que será o próximo 14 de xullo, ás 22.00 horas, no Coliseum, repasará un repertorio lendario do músico británico, autor de temas míticos como Roxanne, Fields of Gold ou Every Breath You Take, tanto de cancións de The Police como as da súa exitosa carreira en solitario.
Ana Fernández destacou a importancia deste evento “que consolida á cidade como referente cultural do noroeste español e ao Coliseum como un dos recintos máis recoñecidos e no que os artistas de todo o mundo se senten máis a gusto”; e recordou que o artista ten 17 premios Grammy, 4 Brit Awards, 5 Emmy ´ s, 3 nominacións aos Oscar, 2 Ivor Novello´s, 1 León de Ouro en Cannes. “Estamos ante un artista total que superou os 100 millóns de discos vendidos ao longo dos seus máis de 25 anos de exitosa carreira. Se trata, sen dúbida, dunha das figuras máis importantes da música contemporánea dos últimos 50 anos”, subliñou a responsable de Cultura.
O polifacético artista británico brindará a súa terceira visita á cidade (1993), e a segunda ao Coliseum, tras ser protagonista dun dos primeiros concertos no recinto o 6 de xuño de 1991, alcanzando un cheo absoluto. “En 1991 o mítico cantante inglés inauguraba as actuacións internacionais no Coliseum da Coruña cun concerto para o recordo. Agora, en 2015, máis de 20 anos despois, regresa á cidade converténdose nunha oportunidade única para recordar cancións que cativaron a varias xeracións e que se encontran entre as grandes da historia do rock”, indicou Fernández, quen destacou que este concerto supón continuar a liña de programación de músicos de primeiro nivel internacional.
As entradas estarán dispoñibles dende mañá, a partir das 17.00 horas, a través das canles habituais de compra:www.servinova.com, no teléfono 902 504 500, nas webswww.ticketmaster.es e www.livenation.es, e na despachos da praza de Ourense. Os prezos oscilan entre os 70 euros dos entrados Goldens Ring, a pé de pista con acceso direfenciado, e os 45 euros das entradas de pista (de pé sen numerar) e tendido alto (sentado sen numerar). Ademais, haberá entradas de 65 euros no tendido baixo (sentado numerado) e de 55 euros no tendido medio (sentado numerado).
Os membros do club de fans de Sting terán acceso á compra prioritaria de entradas a partir desta tarde ás 17.00 horas a través do link:
http://www.ticktackticket.com/entradas/goto.do?claves=.87530&origin=LIVE.